O Concello de Narón reabre este luns o prazo para entregar as matrículas das escolas infantís municipais

O Concello de Narón reabrirá este luns, día 25, e ata o 29 de maio (incluído) o prazo para a recollida das matrículas para o vindeiro curso nas tres escolas infantís municipais (A Solaina, A Gándara e Piñeiros), un trámite que se anulou tras decretarse o estado de alarma, o pasado 14 de marzo, pero que se puido continuar realizando a través da Sede Electrónica do Concello, opción que continúa en vigor. As persoas que desexen achegar a súa matrícula presencialmente deben dirixirse á porta do Consistorio ubicada na Praza de Galicia, donde persoal funcionario recollerá a pertinente documentación.

Unha vez entregada os pais e nais recibirán por correo electrónico un xustificante da entrega que lles remitirán dende o Rexistro municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que no caso de que algunha documentación estea incompleta ou presente algún erro, persoal funcionario porase en contacto coa persoa que está realizando os trámites co fin de que se poida subsanar en tempo e forma.

Ferreiro indicou tamén, no que respecta á reapertura das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros, que se continúa á espera das determinacións marcadas pola administración autonómica sobre esta medida, co fin de cumprir as recomendacións en materia sanitaria e de seguridade para os usuarios e usuarias destas instalacións.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …