O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, na reunión mantida onte entre os voceiros municipais, presentou ao goberno local unha serie de propostas encamiñadas a mellorar as axudas municipais destinadas a PEMES e autónomos. As propostas do BNG xiran en torno a tres obxectivos: ampliar o número de persoas que se poden acoller a elas, reducir os trámites e documentación para axilizar a súa tramitación e concesión e estabelecer axudas de carácter social.
O BNG considera necesario estabelecer un novo tramo de axudas que inclúa a aquelas PEMES e autónomos que viran reducida a súa facturación até un 50% durante este periodo. «Trátase de ir más aló do 75%, que é o baremo que se estabeleceu a nível estatal e que o goberno municipal de Ferrol pretende reproducir«.
Así mesmo o BNG considera preciso reducir os trámites e a documentación a apresentar por parte dos solicitantes co obxecto de axilizar a súa tramitación. O BNG considera que as bases «deben ser o máis sinxelas posibles co obxecto de facilitar a súa tramitación, cumpre reducir a documentación a presentar, xa que moitas veces é recurrente e innecesaria. Non ten sentido, por exemplo, facerlles presentar varias declaracións xuradas como aparece recollido nas bases Si se vai facer un modelo de solicitude, debería constar nel todas as declaracións xuradas que haxa que presentar e o solicitante ou a solicitante que risque as necesarias«.
Tamén considera o BNG, que tendo en conta, que a documentación debe ser tramitada telemáticamente, «esta debería poder ser presentada polos profesionais colexiados en representación dos seus clientes. Cremos que se non se contempla está forma de presentación a maioría terán graves dificultades para acollerse a estas axudas«.
Por último desde o BNG queren insitir na necesidade de habilitar outro tipo de axudas de carácter social ás que poidan acollerse moitas veciñas e veciños de Ferrol que están a sufrir perdas de ingresos substanciais ou incluso totais nestas semanas.