Os usuarios do albergue provisional da Casa do Mar beneficiaranse de revisións do seu estado de saúde

O albergue provisional para persoas sen teito, que o Concello abriu onte na Casa do Mar grazas á cesión das instalacións por parte da Autoridade Portuaria e á colaboración da Armada para dotalo de mobiliario, contará cun servizo atendido por Protección Civil para chequear o estado de saúde dos usuarios e tratar de previr contaxios de COVID-19. Voluntarios con formación sanitaria encargaranse de prestalo. Un enfermeiro ou un técnico en emerxencias tomaranlles a temperatura aos usuarios antes do seu ingreso e comprobarán certos parámetros, sempre contando coa posibilidade de consultar cun facultativo que estará localizado por se é necesario que comprobe calquera situación que poida xurdir. O protocolo que seguirán implica tamén realizar unha serie de preguntas de diagnóstico ás persoas beneficiarias do servizo, coma posibles síntomas ou lugares nos que estiveran nos últimos días e semanas.

O Concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, considera que esta iniciativa servirá para incrementar a seguridade tanto de todas as persoas que se aloxen nas instalacións coma das que realicen labores de vixilancia ou de limpeza na antiga hospedaría da Casa do Mar. Tamén quixo destacar que constitúe “unha mostra máis da impliación total dos voluntarios de Protección Civil coa cidadanía no medio dunha situación tan extraordinaria coma a que estamos vivindo”.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …