O Concello de Narón iniciará a través do Speis unha campaña de prevención e control da velutina

O Concello iniciará a vindeira semana a través do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis) unha nova campaña de prevención e control da vespa velutina. O edil de Seguridade Cidadá e Speis, Román Romero, explicou que a través desta iniciativa “incidiremos na necesidade de que as veciñas e veciños instalen trampas a nivel particular para poder reducir o número de niños de velutinas nos meses do verán”. A campaña, tal e como avanzou, levarase a cabo nos
Centros Cívicos Sociais da cidade, donde se facilitará información na que, entre outros datos, se explica cómo realizar trampas caseiras e ofrécense unhas premisas básicas para contribuír a controlar esta especie.

Na loita contra a vespa velutina a colocación de trampas é un dos métodos que cobran especial relevancia, xa que con cada raíña que se capture haberá un niño menos”, explicou Romero. A comezos de marzo é cando as velutinas rematan o período de hibernación e comezan a construír os novos niños, cunha primeira posta de ovos no niño primario para despois trasladarse a pequena colonia ao niño secundario, que será o definitivo e donde se instalará a raíña de velutina sen abandoalo e adicándose únicamente a poñer ovos ata que morra, xa no inverno. “Entre os meses de marzo e xuño é cando se debe proceder á captura das raíñas, cando están activas no exterior dos niños”, subliñou o edil.

Dende o Speis de Narón realizáronse varios talleres de trampeo, nos que se explicaron diferentes métodos de captura entre a veciñanza. As trampas e o líquido atraínte poden ser caseiros, como a cera vella fermentada, cervexa negra, sirope de grosella ou de arándanos… que deben repoñerse aos 7 ou 15 días de colocalos por vez primeira, dependendo do tempo -porque se fai calor evapórase antes- e do volume de vespas capturadas.“As trampas só deben colocarse nas zonas donde se localizaron niños porque no caso de non levar un certo control pódense capturar indiscriminadamente outras especies de insectos, poñendo en risco a biodiversidade”, apuntou Romero.

Servizos no ano 2019

O concelleiro recordou que o pasado ano os profesionais do Speis de Narón realizaron un total de 388 servizos de velutinas. “Do total, extraéronse 118 niños con neutralización e cremáronse 48 in situ, se ben o resto das actuacións se corresponden con inspeccións realizadas -187-; colocación de trampas -9-; control de outras especies de abellas -25- e o dun niño non prioritario (xestionado por outra empresa). Os servizos especiais que se realizan dende o Speis increméntanse considerablemente dende o mes de xuño, cun pico en agosto pero que se prolonga, aínda descendendo, ata o mes de novembro, polo que o traballo de control e prevención durante os meses previos ao verán é fundamental para tratar de erradicar esta especie”, recalcou o edil naronés.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …