O martes abre o prazo de inscrición para os campamentos Peque-Educa en igualdade de Semana Santa

Cristina Prados e Eva Martínez Montero na visita á ludoteca | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Igualdade, que dirixe Cristina Prados, pon en marcha unha nova edición dos campamentos Peque-Educa de Semana Santa os días 6, 7 e 8 de abril. Desenvolverase un de 40 prazas na zona rural, na asociación de veciños de Esmelle, e outro no centro da cidade para 50 nenos, que terá lugar na ludoteca de Praza de España. Están dirixidos a pequenos empadroados no municipio de entre 3 e 13 anos.

O horario ordinario será de 9:30h a 13:30h e o ampliado de 8:30h a 14:30h. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol en horario de 9 a 14h do 10 ao 16 de marzo, ambos os dous incluídos, e a adxudicación das prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición.

A listaxe provisional de solicitudes publicarase o 23 de marzo no Rexistro Xeral do Concello e no Taboleiro de Anuncios da web municipal (www.ferrol.gal). O prazo para as reclamacións será desde o 24 ao 30 de marzo, ambos os dous incluídos.

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …