Bonnie Tyler encabezará o cartel do Ferrol Verán Festival, que se celebrará en xullo en FIMO

Presentación do Ferrol Verán Festival | Concello de Ferrol

A explanada de FIMO acollerá o próximo 18 de xullo o Ferrol Verán Festival, que conta como cabeza de cartel coa artista británica Bonnie Tyler. O alcalde, Ángel Mato, o concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, e os promotores presentaron esta mañá no pazo municipal o evento, que está patrocinado polo Concello de Ferrol.

Ángel Mato destacou a importancia de traer á cidade a unha artista de talla mundial que lle dará gran repercusión e explicou que a intención dun evento como este tamén é a de estender a actividade cultural a todo o verán, e non só ás festas, e explicou que dende o primeiro momento se traballou nese senso coa axencia Run-Rum, a promotora do festival. “Debe haber diversidade de actividade cultural ao longo de todo o ano. Creo que é un xeito de atraer a xente de fóra para que vexa que a cidade é atractiva. Estas iniciativas son fundamentais para que Ferrol funcione”, afirmou.

Antes e despois da cantante británica actuarán varias bandas de Ferrolterra, xa que a música local, dixo o alcalde, “debe ter o seu espazo na programación cultural da cidade”, dixo Mato.

En termos parecidos se expresou Maximino López, responsable da axencia Run- Rum, para falar da proposta de partida sobre a que comezou a traballar co goberno local. Agradeceulles ao concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, e ao alcalde o esforzo do Concello para participar nesta iniciativa e mostrouse convencido, por experiencias anteriores, de que gran parte do público que asistirá aos concertos procederá de fóra da cidade.

Sobre os grupos locais, dixo que buscou tres que van na liña que encaixa coa proposta do festival. De Big Sur dixo que é un trío “de locura”, mentres que do Janis Joplin Tributo destacou que está formado por membros de diferentes bandas da zona cunha calidade enorme (e cun dos temas que triunfou Bonnie Tyler foi precisamente un de Joplin). Tamén participará o dj Imar Castro, de Neda, que pinchará en todos os cambios de banda, e para pechar, Sr. X, outra banda de Ferrolterra que “é incrible”. Do que se trata coa participación destas formacións é de “presumir de que en Ferrolterra hai bandas que poden estar en calquera festival” e de facer unha aposta por defender “o bo que temos. Esa é a liña”, afirmou.

López mostrouse convencido de que a repercusión económica do Festival para a cidade pode ser superior aos 100 euros por persoa. Segundo avanzou, mañá póñense á venda as entradas por Internet e haberá tamén puntos de venda na cidade. As primeiras 300, serán a 18 euros, e as 1.700 seguintes, a 20. Haberá outro tramo de 22 e o tope de prezo será de 25 euros. Trátase, dixo, “dun prezo moi económico, algo que falamos dende o principio co Concello”, xa que a maior parte dos concertos de Bonnie Tyler, lembrou, superan os 35 euros.

En total, está previsto ofrecer 5.000 entradas, aínda que o aforo da explanada de FIMO é superior, de 6.500. O responsable de Run-Rum destacou do emprazamento a comodidade, por encontrarse próximo ao centro urbano e dispor de moito espazo de estacionamento.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

2 comentarios

  1. Por fac
    Voy donde se pueden comprar las entradas que nadie lo dice Gracias

    • Se pondrán a la venta en internet en ataquilla.com
      a partir del martes en varios puntos,cafes, cafeterias,etc, entre otros en El Derby y café Sevilla