Cristina Prados, concelleira de Muller e Igualdade, deu conta esta mañá na comisión informativa de Participación Cidadá que tivo lugar no pazo municipal dos actos previstos polo Concello de Ferrol para a celebración do Día de Rosalía, que naceu o 24 de febreiro de 1837.
Os actos terán lugar o domingo 23, ás 12 horas, na Praza Rosalía de Castro, en San Xoán de Filgueira. Haberá un concerto de Xoán Padín e unha ofrenda floral. A continuación leranse poemas da escritora galega e repartiranse agasallos conmemorativos.
A concelleira Cristina Prados explicou que, un ano máis, o Concello de Ferrol “quere homenaxear á unha das figuras máis relevantes da nosa literatura e achegala aos cidadáns”. Para elo, todos aqueles usuarios da Biblioteca central que leven prestado un libro o día 24 de febreiro recibirán un marcapáxinas con poemas de Rosalía de Castro.