O Concello de Ferrol obtén unha bonificación de Sogama que aplicará aos veciños nun único recibo

A concelleira de Economía e Facenda, María Teresa Deus, presentou esta mañá na comisión extraordinaria de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos a proposta de modificación da ordenanza número 1 reguladora da prestación patrimonial de carácter público non tributario correspondente aos servizos de tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos e corrección de erros. A modificación é un trámite necesario para poder aplicar aos contribuíntes a bonificación que percibe o Concello de Ferrol de Sogama, que na práctica traducirase en case un 8% de desconto no concepto de tratamento de lixo nun único recibo.

O Concello, a través da concellería de Medio Ambiente, que dirixe Ana Lamas, obtén dita bonificación por cumprir as condicións específicas establecidas para elo, entre as que está a de procurar unha reducción de residuos a través de novas medidas que fomenten a recollida selectiva, a diminución da producción de lixo convencional e o fomento do reciclaxe dos envases lixeiros.

O Concello e Urbaser puxeron en marcha no último trimestre do pasado ano unha campaña informativa dirixida a toda a poboación do municipio para conseguir a máxima concienciación cidadá na importancia que ten para calquera cidade facer unha recollida selectiva de calidade tanto cuantitativa como cualitativa. Tamén se informou aos veciños sobre a finalidade do punto limpo, o servizo de recollida porta a porta dirixida aos comerciantes da cidade, sobre o funcionamento dos colectores de quita e pon e da necesidade de respectar os horarios para botar as bolsas de lixo e de separar os residuos.

O Concello tamén celebrou a partir do mes de novembro un ciclo de 14 charlas medioambientais en centros escolares dirixidas a nenos e realizou unha campaña a través das caixas do correo en edificios de vivendas, oficinas e locais comerciais.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …