O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras e Servizos, que dirixe Ana Lamas, vén de firmar hoxe o contrato da primeira fase das obras de ampliación da estrada de Pazos, que executará a empresa Copcisa S.A. por un importe de 396.911,84 euros, ive incluído. O prazo de execución na vía da parroquia de Serantes é de catro meses desde o día seguinte á firma de comprobación do replanteo.
As obras proxectadas consisten na mellora da mobilidade peonil e a seguridade viaria da estrada de Pazos, neste caso nun tramo de 540 metros de beirarrúa desde o cruce coa DP-3603. Ampliarase a plataforma actual dotándoa dun espacio diferenciado e seguro para o tránsito peonil polo marxe esquerdo e proverase de servizos enterrados baixo a beirarrúa para substituír o entramado aéreo actual. Tamén se renovará o mobiliario urbano e o alumeado, instalarase unha varanda para a protección dos peonil e colocaranse novas marcas de sinalización viaria lonxitudinal e transversal.
A intervención na estrada de Pazos inclúe tamén a ampliación dun pequeno ponte de formigón armado sobre o Rego da Sardiña, que se levará a cabo con materiais similares e respectando o curso da auga. A sección hidráulica da ampliación será mellorada con respecto á actual pasando de 1,46 metros de altura útil a case 1,48-1,50 mantendo intacto o canal. O portavoz e concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, explicou que a intención do goberno local é “iniciar as obras canto antes”.