Presentados os actos de Entroido que se celebrarán o 23 de febreiro en Xuvia, Narón

A concelleira de Festas, Natalia Hermida, e o vicepresidente da Asociación de Veciños Altea de Xuvia, Indalecio Llago, deron a coñecer na mañá deste  voves o programa de actosCarnaval Altea 2020” organizado polo Concello e a citada entidade e que se desenvolverá na xornada do domingo 23 de febreiro baixo unha carpa na pista polideportiva de Xuvia, en horario de mañá e tarde, tal e como indicou Hermida. “A idea deste evento é proporcionar ás familias un espazo divertido, de ocio, donde poder disfrutar desta xornada con diferentes actividades”, avanzou a edil naronesa.

A cita comezará, explicou Llago, cunha sesión vermú ás 12.30 horas, e coa actuación do grupo Karamba. Ao mediodía, ás 14.30 horas dará comezo o xantar popular organizado pola entidade veciñal Altea, a base de sopa, cocido, sobremesa de entroido, pan, bebida e café. Os socios pagarán polo xantar 10 euros e os non socios 20 euros e no caso dos menores, ata 9 anos poderán acudir de balde e os de 9 a 14 anos pagarán polo menú 5 euros no caso dos socios e 9 euros o resto, tal e como indicou Llago. As persoas interesadas en asistir deberán comprar os tickets (ao tratarse de aforo limitado), que están á venda ata o día 18 deste mes no local da AVV “Altea” –en horario de 9.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 de luns a venres; fóra dese horario pódese chamar ao teléfono 685 244 527-.

Pola tarde continuará a celebración do Entroido en Xuvia, dende as 17.00 horas cunha actuación infantil, de “Uxía Lambona e a Banda molona” e a partir das 18.00 horas haberá unha sesión de baile infantil con inchables e música, no transcurso da que se entregarán agasallos e se realizarán algúns sorteos de bonos e artículos cedidos por varios establecementos colaboradores. “Esperamos que sexa un día moi divertido coas propostas pensadas para persoas de tódalas idades”, recalcou Llago, que agradeceu a implicación do Concello e dos establecementos colaboradores. As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo a través dos números de teléfono da entidade: 981 393 561 e 685 244 527 e tamén do correo electrónico: av.altea2003@gmail.com.

A concelleira de Festas recordou ademais que previamente, o día 22 celebraranse na cidade os actos organizados dende o Padroado da Cultura con motivo do Entroido, cun desfile de comparsas pola cidade e un acto central na pista polideportiva da Solaina. Ao respecto indicou que mañá remata o prazo de inscrición de comparsas que queiran participar nesta convocatoria do Padroado, debendo anotarse as interesadas no Pazo da Cultura e podendo consultar a información a través da páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/NORMAS-DE-PARTICIPACION-2020.pdf.

Hermida animou á veciñanza a que acuda aos actos de Entroido organizados na cidade e gozar coas diferentes propostas que se sucederán dirixidas a todo tipo de público.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …