O Concello de Narón iniciou as obras contempladas no proxecto de renovación de beirarrúas e pavimento nas Vivendas da Mariña. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse na mañá deste mércores á zona para comprobar o avance dos traballos, que suporán un investimento de 286.524 euros.
“O obxectivo desta actuación, que completa a unha primeira fase xa executada polo Concello nesta mesma zona, é habilitar un espazo público no que os peatóns teñan preferencia sobre o tránsito de vehículos e, ao mesmo tempo a instalación dunha rede de pluviais”, explicou Marián Ferreiro.
Ferreiro destacou que se trata dunha obra que, unha vez rematada, “mellorará considerablemente a accesibilidade nas rúas das Vivendas da Marina, xa que se ampliará o ancho das beirarrúas e, ademais, elevarase a rasante do vial de circulación ata a cota das mesmas, de xeito que a través da construción dunha plataforma única garántese esa accesibilidade aos peatóns, suprimindo a diferencia de cota anterior entre o vial e as beirarrúas”.
Os traballos que se están executando actualmente nas rúas San Simón, Luis Pimentel, Alfonso X O Sabio e Illa de San Simón teñen un prazo de
execución de catro meses, tal e como indicou a alcaldesa. Así mesmo, explicou que a intervención consiste na demolición das beirarrúas e os bordillos para extender unha capa de formigón con acabado en relieve.
Na zona das obras mantéñense a nivel xeral o centenar de plazas de estacionamento existentes –resérvanse tres para persoas con mobilidade reducida – e o espazo reservado á circulación de vehículos, ao tempo que se amplían as beirarrúas para incrementar o espazo reservado aos peatóns. A intervención completarase coa plantación de árbores ubicados fóra do itinerario peonil e tamén coa colocación de mobiliario urbán (papeleiras, bancos, fontes…).
Ferreiro recordou que os traballos actualmente en marcha complementan aos realizados o pasado ano nesta mesma zona, noutro tramo da rúa Alfonso X o Sabio, no vial paralelo á estrada de Castela e nas rúas Illa de San Vicente e Illa da Coba. O investimento do anterior proxecto, de renovación de beirarrúas nas Vivendas da Mariña, supuxo ás arcas locais, tal e como apuntou a alcaldesa, un desembolso de 124.848 euros.
“No último ano destinamos algo máis de 400.000 euros a mellorar as beirarrúas e o pavimento na zona das Vivendas da Mariña, un barrio que se construíu na década dos 50 e que precisaba dunha renovación de servizos e tamén de melloras de accesibilidade que se están acometendo para facer desta zona un espazo accesible e con máis espazo para os peatóns e que nos permite, en definitiva, continuar humanizando os barrios da cidade”, subliñou Ferreiro.
Las obras comenzaron hace semanas ya y además corresponden con una actuación que ya se licitó en 2018, por lo que van con dos años de retraso en el mejor de los casos. La visita tan solo sirvió para que la alcaldesa saliese en la foto, aunque ya vemos que tiene bien poco éxito entre los vecinos.