O Esteo volve a boa dinámica díante da súa afección

Héctor ante o Domotec Puertas Deyma | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala gañou na tarde deste sábado 8-5 ante Domotec Puertas Deyma, que cumpre a súa segunda tempada na categoría ocupando unha meritoria oitava praza.

Puxeron terra de por medio os locais cun 4-0, con tantos de Jhony, que abría a lata, Noé chegando só ao segundo pau, Héctor que se vai pegado a banda e marca de tiro raso, e outra vez Jhony que tras varios regates, anotaba de forte disparo por alto. Pouco antes do descanso recurtaban distancias os brancos.

O segundo tempo comezaba co particular hat trick momentáneo de Jhony, nun gran gol no que picaba o balón ante a saída do porteiro e marcaba a porta baleira, pero pronto empataban os visitantes nun balón que desvía un xogador dentro da área.

Nos últimos dez minutos, os locais tentaban aguantar a ventaxa e os leoneses ían en busca de recurtar distancias, e o partido convertiuse nun toma e daca con tres goles por cada bando ata o 8-5 definitivo, completando Jhony o seu póker situándose como segundo máximo goleador do equipo con 13 tantos, a catro de Jacobo.

Os ponteses son terceiros con 36 puntos antes de visitar ao líder Atlético Benavente, que ten 46, con só dúas derrotas, na Fraga e hoxe co segundo Albense.

O Esteo: Javichu, Jhony, Rober, Noé, Troncho – Héctor, Cokito, Jacobo, Martín, Faílde (Marcos).

Domotec Puertas Deyma: Diego, Corral, Camacho, Furi, Gabri – Guillermo, Germán, Miguel, Alejo, Mario, Marcos.

Goles: 1-0, Jhony (2´), 2-0, Noé (3´), 3-0, Héctor (12´), 4-0, Jhony (18´), 4-1, Camacho (20´). 5-1, Jhony (21´), 5-2, Corral (23´), 5-3, Corral (32´), 6-3, Jhony (34´), 6-4, Camacho (36´), 7-4, Martín (37´), 8-4, Jacobo (38´), 8-5, Germán (39´).

Tarxetas: Amarelas a Cokito, Corral, Guillermo, Germán e Mañanes.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Lea también

Las obras de la ‘Cidade do Deporte’ en FIMO empezarán antes de finalizar el año

Empieza la cuenta atrás para que el gran proyecto de la ‘Cidade do Deporte’ empiece …