O centro de maiores da rúa Río Xubia volverá a reunir en Aninovo a usuarios dos comedores sénior

Charla no comedor senior de Río Xubia | Concello de Ferrol

O comedor social da rúa Río Xubia, que xestiona a asociación Dignidad, acollerá o día 1 de xaneiro un xantar de Aninovo no que participarán usuarios dos comedores sénior. Trátase dunha iniciativa, segundo explicou a concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Eva Martínez Montero, que pretende “que ningunha persoa que acuda a estas instalacións o resto do ano pase as festas en soidade”. Tamén o pasado día 25 de decembro celebrouse un xantar de Nadal con 20 maiores.

Está previsto que o menú do día 1 inclúa empanada, tostada de salmón, tortilla, embutidos, lagostinos á prancha, xamón asado con patacas asadas e turróns. A edil lembrou que a comida é completamente gratuíta e poden anotarse persoas que asisten durante o resto do ano a calquera dos comedores sénior. Das cinco instalacións deste tipo coas que conta o Concello de Ferrol, a do centro municipal de maiores de Río Xubia é a máis ampla, polo que se optou por reunir nela a todos os que desexasen asistir a estes xantares.

Lea también

El «Arquitecto Marcide», de Ferrol, continúa con la celebración de su 50 aniversario

El Hospital «Arquitecto Marcide» de Ferrol del Complejo Hospitalario Universitario de Ferrol cumple cincuenta años. …