O Concello nutre os comedores sénior de máis xogos de mesa

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, ven de entregar aos cinco comedores sénior da cidade —Río Xubia, Caranza, Esteiro, Catabois e Canido— numerosos xogos de mesa para os maiores que cada día acoden a comer a estas instalacións municipais. En concreto, a concelleira levou xogos de damas, xadrez, palabras cruzadas, tabú, bingo, cartas, dominó, parchís e tamén exemplares da oca.

Trátase dunha iniciativa municipal que busca “mellorar o día a día” dos usuarios dos comedores do Concello e “combater a rutina e a soidade” dos nosos veciños, segundo explicou a edil responsable de Benestar Social. Este tipo de pasatempos, puntualizou, “son beneficiosos para o seu estado de benestar ao tempo que exercitan a súa memoria, atención e concentración”. Entre as actividades que se desenvolven de forma habitual nos comedores sénior está o bingo social, que ten como obxectivo xerar beneficios para a saúde física, mental e afectiva dos maiores; a celebración de festividades, con elaboración de menús especiais para os días de Reis, entroidos, aniversarios, as Pepitas ou o Día Internacional do Maior; e as charlas sobre diabetes a cargo da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra.

Éxito da campaña de promoción

A concellería iniciou no mes de novembro unha campaña de promoción dos comedores sénior, catro dos cales —a excepción do de Río Xubia — contan con vacantes. En total dispoñen de 100 prazas, 20 cada un deles, e a campaña busca darlle máis visibilidade a este servicio municipal así optimizar os recursos dos que dispón o Concello. Un mes despois da posta en marcha da campaña, que inclúe o reparto de tarxetas e a colocación de carteis explicativos en edificios públicos e centros de saúde, a edil valora “positivamente” a iniciativa, xa que “rexistramos máis de vinte solicitudes”, a maioría para o comedor sénior de Esteiro.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …