Os voceiros municipais acordan apoiar a recollida de firmas dos comités de Navantia para pedir carga de traballo

Fot.Galicia Ártabra

A xunta de voceiros dos grupos municipais do Concello de Ferrol, que preside o alcalde, Ángel Mato, acordou esta mañá apoiar aos comités de Navantia Fene-Ferrol na súa recollida de firmas pedindo carga de traballo. O rexedor lembrou que hai dous meses “tivemos unha xuntanza entre máis de 20 alcaldes para chamar a atención sobre a situación industrial na zona” e agora “apoiamos aos sindicatos” nun problema, dixo, “que afecta ás comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal”.

Os voceiros municipais tamén acordaron sumarse á proposta da Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF), que solicita que o trazado do Corredor Atlántico Ferroviario en Galicia chegue de forma directa aos portos de A Coruña e Ferrol. Deste modo o percorrido quedaría en forma de Y coas conexións Monforte-Vigo e Monforte- Ferrol-A Coruña.

Por último, os voceiros resolveron fixar para o próximo 19 de decembro, ás 19 horas, a celebración dun pleno extraordinario co que se dará continuidade ao do mes de novembro, que rematou sen poder abordar todos os puntos da orde do día.

Lea también

El barrio ferrolano de Ultramar inicia los conciertos de Navidad

A AVV Ultramar comienza este fin de semana sus tradicionales conciertos de Navidad, en colaboración …