Asinado un acordo de colaboración entre o Concello de Narón e o IES As Telleiras

Na mañá de hoxe a alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un acordo de colaboración entre o concello de Narón e o IES As Telleiras, representado pola súa directora, María Cristina Alves Ferreira. A sinatura contou, así mesmo, coa presenza da concelleira de Formación, Natalia Hermida.

O obxecto deste acordo de colaboración é o desenvolvemento dos módulos profesionais asociados ao currículo do ciclo de formación profesional básica do título profesional básico en Carpintería e Moble, no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, sendo beneficiario deste acordo o alumnado do Centro Público IES As Telleiras, matriculado e admitido no título profesional básico en Carpintería e Moble.

As actividades comprendidas neste acordo desenvolveranse entre os meses de outubro de 2019 e xuño de 2020.

 

Ferreiro declarou que “un ano máis poñemos a disposición da comunidade educativa, neste caso do IES As Telleiras, os recursos do concello co Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz facilitando que o alumnado faga as súas prácticas en taller, complementarias á súa formación lectiva no IES As Telleiras, o cal é unha grande satisfacción

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …