O Concello de Valdoviño denuncia a sustracción das placas recén instaladas nas fontes públicas

O Concello de Valdoviño iniciaba esta semana a colocación de placas coa advertencia de auga non potable en dez fontes públicas nas que se dá esta circunstancia. E, en menos de dous días, dúas delas xa foron sustraídas. Concretamente, en San Mamede e Vilarrube. Uns feitos que  lamenta e condea o Concello.

Nesta liña, sinalar que a instalación dos paneis veu derivada dos últimos análises
da auga das fontes municipais, nos que se constatou unha poboación maior de
unidades formadoras de colonias de certas bacterias, que poden resultar nocivas para a saúde en caso de consumo. Por isto, a importancia de ubicalas e a mala fe da súa retirada.

En todo caso, non se trata de feitos illados, xa que os roubos de mobiliario urbano
son unha constante. Este ano, as papeleiras e bancos sustraídos supuxeron un
desembolso económico de 1.150 euros; o roubo de cable, máis de 4.600 euros e, a restitución dos cabezais das duchas e outras instalacións das praias, uns 4.700 euros. Fondos que saen dos petos de todos os veciños e veciñas de Valdoviño.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …