A restauración do dique de mareas da Cabana obtén o premio Economía Azul

María Teresa Deus e Julián Reina visitando o dique da Cabana trala restauración | Concello de Ferrol

As obras de restauración do dique de mareas da Cabana e a súa contorna acadaron esta noite en Santiago o premio Economía Azul na categoría de mellor proxecto de diversificación. Nun acto celebrado na Cidade da Cultura, a segunda tenente de alcalde do Concello de Ferrol, María Teresa Deus, e o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, recolleron o galardón. Na súa intervención invitaron a visitar nFerrol e sinalaron esta obra de enxeñería única como un dos moitos valores que ten a cidade para impulsar a súa candidatura a patrimonio mundial.

Os traballos de recuperación contaron con financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) ao abeiro dunha subvención da Consellería do Mar dentro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte.

Antes da actuación, o dique encontrábase cuberto de lodo ata unha altura considerable que impedía ver os fondos. Ademais de retiralos, limpouse toda a zona, recuperáronse as pezas que había e construíuse un tinglado con estrutura de madeira e cuberta de tella. O recheo que cubría parte da antiga grada do estaleiro foi retirado devolvéuselle ese espazo ao mar. O dique, que data de finais do XVIII ou principios do XIX (non existen probas documentais que o acrediten exactamente), é case que único no mundo e representa un exemplo perfecto da arquitectura naval que desenrolaron os grandes enxeñeiros da Armada naquela época.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

Un comentario

  1. Lo que le falta al dique de la Cabana es un panel explicativo de lo que es