Golpe reuniuse de urxencia cos clubs da piscina de Caranza para explicarlles as medidas que adoitará o Concello

O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, convocou para esta mañá e con caracter de urxencia unha reunión cos representantes dos clubs Sincro Ferrol, Natación Ferrol, Triatlón Ferrol e Marina Ferrol para tratar os asuntos relacionados co peche da piscina de Caranza. O edil trasladoulles as medidas correctoras que o Concello porá en marcha para controlar os niveis de CO2 na instalación e manifestou que este asunto “é unha prioridade para a concellería”.

Golpe mostrou a súa vontade de buscar unha solución “definitiva” a unproblema recorrente e insistiu en que antes de abrir a piscina débese asegurar que está “en condicións óptimas”, aínda que isto está requerindo certos prazos para dar os pasos correctos, cousa que desde as entidades deportivas entenderon. De todos os xeitos, o edil aseguroulles que desde o Concello se está a traballar sen descanso para que a volta á normalidade se produza canto antes.

Persoal para manexar a máquina deshumidificadora

De feito, o concelleiro de Deportes xa puido avanzar no encontro que en breve unha persoa coa cualificación necesaria se encargará de manexar a máquina deshumidificadora e de controlar os seus parámetros. Para facelo contará, ademais, cunha asistencia técnica.

Das actuacións realizadas en relación ao peche da piscina o edil deu conta na comisión informativa de Cultura, Educación, Deportes e Festas celebrada hoxe no pazo municipal antes da reunión cos clubs.

Outros asuntos da comisión informativa

Nela tratouse tamén a proposta para a súa aprobación no pleno dos días 7 de xaneiro e 13 de abril como festivos locais para o ano 2020. O resto de puntos do orde do día foron dar conta da situación de varios expedientes e da instalación esta mesma semana das novas canastas no pavillón da Malata. Tamén da aprobación das nove marchas ciclistas populares organizadas polo Concello de Ferrol e que se prolongarán ata xuño do ano que vén. A primeira partirá do Cantón o domingo ás 11 horas.

Lea también

Morgato y Gerard Casas analizan el partido de O Parrulo Ferrol de este sábado ante Sporting La Nucía

O Parrulo Ferrol afronta su segundo partido consecutivo delante de su afición recibiendo este sábado …