Comezan as marchas ciclistas populares organizadas polo Concello

(Foto: Galicia Ártabra).

O próximo domingo, 27 de outubro, comeza a programación de marchas ciclistas populares que organiza o Concello en colaboración co Club Ciclista Ferrol. Para esta tempada 2019-2020 están programadas nove saídas, que se prolongarán ata xuño. O resto das citas serán os domingos 24 de novembro, 22 de decembro, 26 de xaneiro, 23 de febreiro, 29 de marzo, 26 de abril, 31 de maio e 28 de xuño. Todas sairán da praza da Constitución para cubrir un recorrido que oscila entre os 8 quilómetros e os 15 e terán como meta o mesmo punto.

Os ciclistas estarán obrigados a respectar as indicacións que faga a organización e a levar casco protector. Ao final de cada unha haberá un sorteo de regalos entre os que se animen a participar.

O percorrido desta primeira marcha será o máis curto, con 8 quilómetros, tras a saída pasará pola rúa da Igrexa, Rochel, praza de España, avenida de Vigo, avenida de Esteiro, López Dafonte, Mourel, avenida de Bazán, rúa A, Lepanto, Padre Feijoo, Pardo Bazán, José Fontenla Leal, avenida do Mar, Masaya, avenida de Castelao, avenida de Telleiras, avenida de Esteiro, Irmandiños e praza de Galicia para chegar de novo á praza da Constitución.

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …