Miriam Casillas aspira a poder pechar a temporada coa clasificación olímpica encarrilada e por iso tentará de novo entrar no top-10 dunha Copa do Mundo, esta fin de semana, na de Miyazaki.
En Xapón, a internacional do Triatlón Ferrol terá unhas contendentes de máis nome que a pasada semana en Corea do Sur pero xoga ao seu favor que a distancia da proba será a olímpica e non a esprinte, xa que Casillas demostra maior regularidade nunha distancia máis longa.
En cuanto ao requisito de finalizar 2019 no top-30 do ranking olímpico, a triatleta de Badaxoz segue actualmente no posto 24º pero en Miyazaki terá que estar pendente do que fagan a xaponesa Ai Ueda ou a francesa Sandra Dodet, porque son 32ª e 33ª respectivamente e poderían facer baixar posicións a Miriam Casillas se terminan con podios esta temporada.
Na madrugada do venres ao sábado, a Copa do Mundo de Miyazaki desenvolverase nun circuíto de 1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira a pé, o mesmo formato sobre o que Miriam Casillas se colgou un bronce en setembro.