O Concello amplía ata o venres o prazo de inscrición para os obradoiros de autocoidados e xestión de emocións

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, amplía o prazo de inscrición ata o próximo venres para os dous obradoiros de autocoidados e xestión de emocións na Casa da Muller, que desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro.

Están dirixidos ao colectivo de mulleres con especial vulnerabilidade e necesidades específicas, como víctimas de violencia de xénero e as súas fillas, coidadoras de persoas dependentes, enfermas crónicas sen apoio familiar e mulleres maiores o en risco de exclusión social. Os obradoiros, que constan de catro módulos, ten como principal obxectivo “apoiar a estas mulleres e dotalas de ferramentas para mellorar a súa vida e a súa autonomía”, explican desde a concellería.

Entre outros asuntos, os obradoiros tratarán asuntos como os hábitos saudables e nutrición, a prevención de enfermidades crónicas, o manexo da medicación, a tensión, a culpabilidade, a recuperación da autoestima, recursos fronte á violencia de xénero, a xestión das emocións e a meditación.

O primeiro será en horario de mañá, de 10.30 a 12.30 horas os días 28 e 30 de outubro e 13 e 15 de novembro. O segundo, pola tarde, será de 17 a 19 horas os días 21 e 23 de outubro e 20 e 22 de novembro.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …