O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, xunto con el xefe da Policía Local, José Antonio Chao, explicou hoxe o dispositivo de seguridade que se levará a cabo durante as festas de Ferrol que comezan o venres, e detallou que as actuacións policiais estarán enfocadas a diminuír os factores etiolóxicos ligado tanto á saúde pública como a orde pública e “minimizar o consumo entre menores de idade”, facendo fincapé nas conductas incívicas ou ilegais relacionadas co consumo e venda de alcol.
Trátase dun dispositivo novo en Ferrol e para evitar o consumo de alcol entre menores de idade e o acceso ao recinto dos concertos con botellas, o dispositivo da Policía Local implantarase en dúas modalidades.
A modalidade Filtro establecerá controis de acceso, para o que se delimitará todo o perímetro da superficie onde se desenvolverá o evento e contará con uns 10 efectivos e os recursos materiais necesarios, como vallas, cintas policiais, contedores e traballadores da empresa Urbaser.
En canto a modalidade Intro, a principal diferenza coa anterior e a non existencia perimetral, nin canalización de entrada nin o control nos puntos de acceso, xa que a vixilancia será realizada por polícías sen uniforme distribuídos entre o público. Neste caso contarase con seis policías.
Dado que o obxectivo do Concello é a prevención do consumo de alcol por parte dos menores de idade, e na mesma liña articúlase o réxime de penalización da Lei 11/2010, de 27 do decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas por parte dos menores de idade, ao permitir a substitución das sancións económicas (hasta 600 euros se é a primeira vez e ata 3.000 se non o é) por traballos en beneficio da comunidade vinculados aos problemas xerados, o Concello pretende que as sancións impostas polas infraccións que se podan detectar nas operacións policiais se substitúan pola posibilidade de que os menores sancionados participen en un programa de medidas reeducadoras que inclúe tarefas de limpeza nas zonas onde se realiza o botellón ou recibir charlas sobre os danos do consumo de alcol.
A concellería de Seguridade e Tráfico é consciente de que los efectos de este fenómeno son “negativos e vinculados a dous bens xurídicos concretos: a saúde pública e a orde pública”, apúntase desde la Policía Local. Os graves problemas que xera na saúde dos consumidores, ruído, desperdicios, desperfectos no mobiliario urbano e problemas de orde público son algunhas das consecuencias desta concentración.
Ademais, o dispositivo da Policía Local para estas festas inclúe a invitación a os establecementos concentrados nas inmediacións das zonas onde terán lugar os concertos a participar directamente na estratexia de prevención instando a os responsables a deixar que só saian ao exterior bebidas en envases de plástico. Os locais que vendan alcol a menores enfrontaranse a unha sanción mínima de 3.000 euros.
Intervencións etílicas nas pasadas festas
Segundo un informe realizado pola Policía Local, durante las pasadas festas patronais de San Xoán, Esmelle e Santa Mariña realizáronse 138 intervencións. Delas, 72 foron por intoxicación etílica, é dicir, case unha de cada dúas foron por este motivo. Das case 140, en 47 casos os pais tiveron que ir buscar aos seus fillos menores.