O Jazz de Ría consolídase como un festival diverso, celebrado e necesario para Ferrolterra

Concerto de Jazz de Ría | Jazz de Ría

O Festival Jazz de Ría despídese sabendo que debe volver. O éxito de público en todos os concertos, a redescuberta dos espazos e a convivencia multicultural que se viviu no concerto de peche co jazz flamenco de Marcos Teira, confirman ao JDR como un festival necesario.

Ao remate do festival, a súa directora, Aitana Cuétara, fai un balance moito máis que positivo ao asegurar que «nesta edición superáronse todas as expectativas porque partiamos dunha proposta de transición, cunha programación modesta e algo máis reducida en canto a espazos debido as mudanzas deste ano nas administracións locais, pero a resposta do público foi impresionante con cheos en todos os concertos«.

Cuétara explica que a diversidade de estilos do programa logrou atraer a moita máis xente que gozou coas propostas de swing, manouche, jazz latino ou flamenco jazz, que conseguiron enganchar a novos públicos e tamén a público novo, en referencia aos nenos e nenas que o ano pasado participaron no obradoiro de jazz e improvisación vocal e que nesta edición se achegaron interesados a disfrutar dos concertos vestindo as camisetas do festival, nunha clara identificación co evento.

Por último, a directora destaca a posta en valor dos espazos e o agradecemento da xente que durante os tres días do festival, ao final de cada concerto, agardaba para dar os parabéns á organización e aos artistas ao tempo que demandaba unha próxima edición. A este respecto, tanto Cuétara como as responsables das administracións locais de Ferrol e Mugardos, agardan poder traballar na que será a cuarta edición e facelo con tempo suficiente para seguir mellorando e facendo medrar este festival que, en apenas tres anos, xa se converteu en todo un referente en Galicia.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …