O BNG non entrará no goberno de Ferrol

Iván Rivas na noite electoral | Adán Puentes

Ao longo destes últimos días desde o BNG mantivéronse conversas co PSOE co obxecto de avaliar a posibilidade de formar parte do próximo goberno local.

As respostas obtidas a día de hoxe por parte do PSOE aos problemas propostos polo BNG, tanto no debate de investidura como nas conversacións anteriores e posteriores, impiden que o BNG poida integrarse no próximo goberno local, sinalan dende a organización nacionalista.

O BNG non pode formar parte dun goberno local «que pretende obrigarlle a pagar aos veciños e veciñas os cinco millóns de euros que van desde 2015 até marzo de 2017 pola xestión dunha depuradora que non é nosa e que non depuraba«.

Que pretende que a recollida do lixo, «o contrato máis caro da cidade«, «continúe a ser o coto privado de transnacionais ou que ten no modelo especulativo da burbulla inmobiliaria o paradigma de desenvolvemento urbano a implementar na cidade, tal e como acontece co Plan para o Sánchez Aguilera e o convenio con Defensa«.

Tampouco poden asumir dende o BNG que se deixe pasar a «única oportunidade que temos neste mes de agosto de iniciar o camiño para a creación dunha empresa pública de transporte para mellorar a tan precarizada situación actual do servizo ou que o proceso de peonalización do barrio de A Magdalena se deixe nun segundo plano«.

Desde o BNG estarían en disposición de aceptar posicionamentos opostos aos seus criterios se con iso se fora capaz de levar adiante algunha alternativa para a cidade «que puidésesmo compartir pero o resultado das conversacións mantidas déixanos pouco ou case nulo marxe de manobra«.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. Estaba visto. Otros cuatro años más tirados a la basura. Y la culpa es de Mato. Nunca debió aceptar los votos de quién no estaba dispuesto a sumarse al gobierno. Pero para Mato lo importante era el sillón. Ya lo tiene por cuatro años y a Ferrol que le vayan dando.Que pena de ciudad. Pero la culpa es sólo nuestra. Ni sabemos elegir. Ni en los partidos hay gente que valga la pena. Como ciudad, como colectivo, somos un auténtico desastre.