O BNG de Ferrol incidiu na importancia do rural no acto público de Mandiá

Iván Rivas na presentación da campaña | BNG

O BNG de Ferrol desenvolveu hoxe un acto público na asociación de veciños e veciñas de Mandiá, un acto no que interviron Tania Rei, Roberto Montero e Iván Rivas.

O candidato á alcaldía fixo referencia durante a súa intervención á importancia do medio rural en Ferrol. Para o BNG «é fundamental recuperar os terreos en desuso que existen no concello para desenvolver o sector primario na cidade con hortas e espazos de cultivo que ademais permitirán o acceso a produtos alimentarios de calidade».

Nesta cidade «temos espazos abandonados cun alto valor produtivo que compre recuperar, coma o Val de Esmelle, que poderían servir de base para desenvolver unha agricultura a pequena escala que fornecese aos veciños e veciñas de produtos alimentarios de calidade, así como as hortas urbanas, que xa agora mesmo se están a desenvolver pero con ningún apoio público. O concello debe servir de intermediario entre os propietarios e propietarias dos terreos e as persoas dispostas a traballar nestes espazos da zona rural e dispoñendo ademais unha mínima infraestrutura e os medios e ferramentas necesarias para desenvolver entres traballos«.

Todo isto contribuiría ademais á xeración de emprego, «unha das grandes necesidades de Ferrol«.

Rivas incidiu ademáis na importancia de contar cun plan forestal para converter Ferrol nun Concello libre de eucaliptos. «Cómpre asumir como necesidade e como prioridade básica o desenvolvemento dun plan forestal que teña como obxectivo a recuperación dos montes de carácter municipal con especies autóctonas, a protección de espazos singulares como Menáncaro e axudas a particulares para a substitución do eucalipto«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …