O Concello de Narón instalará pavimento de seguridade de caucho continuo en doce parques infantís da cidade

A mellora dos parques infantís de Narón se implicará nos vindeiros días o inicio das obras de instalación dun novo pavimento de seguridade en doce parques infantís da cidade, seleccionándose para esta primeira fase os que presentaban un maior deterioro no mesmo. Os traballos suporán un desembolso duns 163.000 euros e xa están adxudicados. As actuacións programadas permitirán substituír as actuais losetas de caucho destas instalacións ou corteza de pino, según o caso, por caucho continuo, que servirá para amortiguar mellor as posibles caídas dos nenos e nenas que xogan nestes parques da cidade.

As obras executaranse nos parques da praza de Galicia, das Vivendas do Bispo, de Virxe do Mar, da Finca Permuy, de Pascual Veiga, da Finca Federico, da escola municipal infantil de Piñeiros, da rúa Cangas, das Vivendas de Profeco, da rúa Mariña Española, e dos paseos de Freixeiro e Xuvia. En conxunto, a intervención a acometer afectará a unha superficie de 2.337 metros cadrados.

As condicións meteorolóxicas e o paso do tempo –en xeral os parques sobre os que se proxectan estas intervencións teñen unha antigüidade, no menor dos casos, próxima aos dez anos- danaron o actual pavimento, que presenta un aspecto desgastado. Os traballos iniciais consistirán no levantado e desmontaxe dos pavimentos actuais –maioritariamente losetas de caucho aínda que tamén nun caso, como é o parque de Freixeiro, corteza de pino- para retiralos, limpar a zona e proceder a colocar o novo pavimento de caucho continuo, apoiando os diferentes xogos con resina de poliuretano.

En canto ás superficies, na praza de Galicia actuarase sobre unha superficie de 324 metros cadrados; nas Vivendas do Bispo en 132 metros cadrados; en Virxe do Mar sobre 280; na Finca Permuy en 312; no parque da rúa Pascual Veiga en 215; na Finca Federico en 160 metros cadrados; na escola infantil de Piñeiros en 127; na rúa Cangas, en 81; nas vivendas de Profeco en 118; no parque da rúa Mariña Española en 118; no do paseo de Freixeiro en 240 e no de Xuvia en 230 metros cadrados, tal e como figura no proxecto.

A actuación enmárcase no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para mellorar os espazos púbicos e acometer obras de apoio á infancia e á xuventude, neste caso dotando de maior seguridade espacios de xogo.

Lea también

A Biblioteca de Narón abre inscrición no espectáculo de narrativa “Un rapaz de aldea”

A Biblioteca abre este martes 26 o prazo de inscrición no espectáculo “Un rapaz de …