O BNG considera «insólito» que o goberno do Estado «se desentenda do muro de contención en Santa Mariña»

O BNG e os veciños de Santa Mariña en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista galego de Ferrol, tras a reunión mantida esta mañá coa Subdelegada do Goberno na Coruña, considera «insólito» que o Goberno do Estado «se desentenda das responsabilidades que unha empresa pública como é o ADIF, que ten unha dirección política, ten respecto das propiedades coas que conta na nosa cidade e os prexuizos que causa aos veciños e veciñas«. Para o BNG o Goberno do Estado «está pasándose a pelota co ADIF, uns aos outros, mentres todo sigue igual«.

O BNG considera que isto non é máis «que un exemplo do abandono ao que o Estado ten sometido a nosa cidade respecto das conexións ferroviarias. Hai quen promete estacións de tren cando non hai trens – en referencia a promesa da estación intermodal prometida polo candidato a alcaldía polo Partido Popular, José Manuel Rey Varela –  ou cando as vías do ferrocarril son intransitábeis ou cando hai muros de contención que se caen«.

O BNG considera que «diante deste comportamento non nos deixan outra saida que a de que se acometa a execución subsidiaria, desenvolvendo a execución subsidiaria por parte do concello esixindolle ao ADIF os gastos, os danos e os prexuizos tendo en conta, ademáis, que existe consignación orzamentaria municipal para isto produto das demandas do BNG«.

O BNG cre que «seria inadmisíbel que tras a claridade coa que o Estado se ten posicionado respecto da súa negativa a acometer esta obra, se deixe para o próximo mandato a súa execución sobre todo despois do esforzo e as reivindicacións dos veciños e veciñas«.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. El bloque anda más perdido que el barco del arroz, pero lo que jamás dejará de sorprenderme es que con dos concejales en el ayuntamiento se sigan creyendo con derecho a exigir algo al estado, a ADIF o al Sumsumcorda. Creo que ya ha llegado el momento de que alguien les diga alto y claro que no son gobernantes, sino representantes (más bien poquitos) en las instituciones que los ciudadanos españoles nos hemos otorgado a través de la Constitución. ¡Y todavía hay quien asegura que estos personajes son una alternativa de gobierno!