ÚLTIMA HORA.-Suspensión do acto dos «fachos» da Noite da Luz en Sedes, Narón, debido ao mal tempo

Nun comunicado do Concello de Narón informase que os actos dos fachos no monte Esperón previstos na programación da Noite da Luz (organizados polo Padroado da Cultura e a AVV Rosa dos Ventos de Sedes)  para a tarde-noite deste sábado na parroquia de Sedes suspéndense debido ao mal tempo.

O resto dos actos celebraranse no local social de Sedes, música e teatro, representación de dúas obras de teatro; O camiño de Lihuen e O anel máxico, a partir das 18.30 horas.

Debido ao mal tempo suspéndese a andaina e os fachos en O Esperón,

Lea también

Narón súmase un ano máis ao programa “Vacacións en Paz” para acoller menores saharauís no verán

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) fai un chamamento ás familias de Narón …