Na mañá deste venres o BNG de Narón realizo un un break coffe para falar das propostas por un Narón mellor e con futuro de cara as municipais do 2019.
Nel o concelleiro do BNG Xosé Fandiño e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal presentaban a Olaia Ledo como candidata.
Secundino dixo que “Olaia non é só unha boa compañeira se non tamén unha gran amiga que vai facer un grande traballo por Narón e esperemos que sexa a alcaldesa da cidade” .
Olaia Ledo falou das propostas para unha cidade máis inclusiva e na que todos e todas teñan todos os servizos cubertos “os concellos do bng son concellos con persoas felices e que desfrutan no lugar no que viven independentemente da súa nómina. Unha cidade inclusiva é que a veciñanza de Narón merece”