Uns 350 escolares do colexio da Solaina, Narón participan no programa Camiño Escolar Seguro

O programa Camiño Escolar Seguro iniciouse na mañá deste luns no colexio da Solaina. Os edís de Seguridade Viaria, Guillermo Sánchez Fojo, e Ensino, Mercedes Taibo, desprazáronse ata o citado centro educativo da cidade minutos antes do inicio das clases para comprobar o funcionamento do programa neste centro no primeiro día. “Unha vez máis atopámonos con que esta iniciativa funciona cun rotundo éxito entre o alumnado, que nada máis chegar ao centro realiza o check point nos puntos habilitados, no caso da Solaina tres, un en cada unha das entradas do colexio”, explicou Sánchez Fojo.

Do total dos 463 alumnos e alumnas do citado centro, 390 están xa anotados neste programa, o que supón que adquiriron o compromiso de acudir a pé, en bicicleta ou en patinete ao colexio polas rutas escolares deseñadas polo equipo de Educación Viaria do Concello, nesta ocasión en colaboración con persoal da Asociación ASCM, tal e como apuntaron os edís. As pegadas marcan o camiño ao centro desde a estrada de Castela, desde a zona de Santa Icía e tamén polas inmediacións da Pista Verde da Solaina, podendo elixir o alumnado a que mellor se adecúe ás súas necesidades en función do domicilio.

O programa Camiño Escolar Seguro funciona xa nos colexios Ponte de Xuvia, Piñeiros e Jorge Juan, donde obtivo tamén unha moi boa resposta entre a comunidade escolar, tal e como recordaban hoxe os representantes da corporación local. “O obxectivo deste programa é fomentar a autonomía dos nenos e nenas de Primaria para ir ao colexio, garantindo a súa seguridade e mantendo informados putualmente aos pais e nais do momento no que acceden ao recinto a través dunha mensaxe ao seu teléfono móbil”, recordou Taibo. O premio final son os agasallos que poderán canxear polas “pegadas” do check point unha vez acumulen os puntos solicitados en función dos mesmos, doados por establecementos comerciais da cidade e tamén polo propio Concello.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …