Ana Pontón participou na presentación de Ivan Rivas , candidato á alcaldía de Ferrol

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou na tarde deste venres no acto de presentación do candidato á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas, arroupado por militantes e simpatizantes, no que expresou o seu convencemento de que a veciñanza dará un contundente respaldo ao BNG nas eleccións municipais de 2019, por ser a única alternativa que ten un proxecto claro para sacar a cidade da súa parálise.

Temos que darlle a volta a esta situación porque Ferrol é unha das cidades con máis potencial de Galiza, cun importante patrimonio, cunha importante riqueza na súa ría que podería aproveitar mellor, pero para iso necesitamos que no concello existan persoas con ideas claras e cun proxecto de cidade que aproveite todo o potencial que ten Ferrol. Rivas é unha desas persoas» sinalou.

Ademais de coñecer moi ben Ferrol, é unha desas persoa que di o que fai e fai o que di, e isto en política é moi importante porque a maior parte dos representantes fan o contrario e os que vivides aquí sabédelo moito mellor ca min, porque levamos un mandato perdido, tres anos perdidos para a cidade cun goberno que prometía cambio e que en realidade se converteu nun re-cambio das políticas da dereita que desenvolvera o anterior alcalde do PP”, criticou.

Por contra, “no BNG temos un proxecto sólido, con ideas claras para darlle dar unha nova oportunidade a Ferrol e mellorar a vida das persoas”, salientou a portavoz nacional, “queremos recuperar o casco histórico, queremos apoiar o comercio local, queremos ser un axente na dinamización económica e na creación de emprego, queremos construír un Ferrol aberto ao mar, no que o Estado deixe de ser un lastre e podamos recuperar eses con edificios hoxe en desuso”.

A dirixente do Bloque lamentou que Xunta e Concello fosen incapaces de dar solucións. “É triste pasear por un casco vello tan espectacular como o desta cidade e ver o desleixo da Xunta e do Concello, incapaces de poñer en marcha un plan de rehabilitación para recuperar Ferrol vello para as persoas e, ao mesmo tempo, convertelo nun motor de dinamización económica”, sinalou a modo de exemplo.

Pontón pediu á militancia e simpatizantes que afronten as eleccións “coa confianza e a convicción de que o Bloque vai dar un gran salto adiante”, instou a ser “inconformistas e ambiciosas” e a dirixirse ás maiorías sociais. “Estou convencida de que se facemos ben ese traballo teremos un gran resultado nas eleccións, cun BNG con máis forza no Concello, que aspira a todo e non se pon límites. Hai moito traballo por facer, pero tamén moitas ganas de ir a por todas cun proxecto claro de cidade para darlle unha nova oportunidade a Ferrol”.

Concellos BNG, marca de calidade

Pontón presumiu dos resultados dos concellos gobernados polo Bloque porque “levan anos demostrando que temos un proxecto ilusionante e transformador, os concellos BNG son unha marca de calidade e demostramos que temos alternativas aos problemas, solucións para mellorar a vida das persoas, para impulsar o comercio de proximidade, para rehabilitar cidades e vilas, capaces de coidar o patrimonio, promover a lingua e a cultura propias”.

Lea también

Xunta, Ayuntamiento de Ferrol y Autoridad Portuaria trabajan unidos para crear suelo industrial en la zona de Mandía

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, y la conselleira de Economía e …

2 comentarios

  1. Miña xoia, a seguir manteniendo la paguiña

  2. El bloque ya gobernó en Ferrol con un resultado espantoso para los intereses ciudadanos: Confrontación, negación de la naturaleza de la ciudad, ataques constantes a los creyentes y desprecio a los militares y finalmente una plaza de España que desde entonces es un problema.

    Seguro que con esa filosofía de promocionar el gallego arreglan todos nuestros problemas. Manda carallo.