A alcaldesa de Narón asinou convenios con cinco entidades deportivas locais por un importe conxunto de 102.000 euros

Instante da firma dos convenios | Concello de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá convenios con cinco entidades deportivas do municipio por un importe conxunto de 102.000 euros. O concelleiro responsable da área, Román Romero, asistiu tamén á convocatoria, na que os representantes do gobeno local destacaron a traxectoria e os éxitos acadados polos deportistas naroneses nas diferentes disciplinas.

Acudiron á sinatura os presidentes dos cinco clubes cos que se rubricaron hoxe os acordos: José Ramón Padín, do Cidade de Narón; Rubén Fernández, do Balonmán Narón; Xoan Manoel Ramos, do clube Deportivo Narón; Plácido Vicente Armada, do Voleibol Narón Volea e Fernando Montero, do Tenis de Mesa Cidade de Narón. Todos eles agradeceron as achegas que o Concello destina ás súas respectivas entidades deportivas, en canto ao que lles supoñen de cara a poder continuar traballando a prol do deporte na localidade con numerosas veciñas e veciños da cidade.

A alcaldesa e o concelleiro de Deportes incidiron no feito de que a cidade conte “cun importante número de clubes deportivos que ano tras ano levan o nome de Narón por outros concellos de Galicia e tamén doutras Comunidades, dando a coñecer o intenso traballo que realizades e traendo á que é a vosa cidade numerosos éxitos dos que as naronesas e os naroneses nos sentimos especialmente orgullosos”. Tanto Marián Ferreiro como Román Romero comprometeron o respaldo do goberno local “ás iniciativas que se impulsen desde esta cidade para fomentar o deporte e ofrecer ás nosas veciñas e veciños un amplo abano de opcións á hora de practicar algunha das modalidades entre as que se pode elixir”.

Lea también

Las obras de la ‘Cidade do Deporte’ en FIMO empezarán antes de finalizar el año

Empieza la cuenta atrás para que el gran proyecto de la ‘Cidade do Deporte’ empiece …

Un comentario

  1. Lazaro Lopez Gonzalez

    Xagora , sin criterios , sin debatir os meritos , a » dedodivino » , sin mais aclaracions . Ó mesmo que cando subencionan ó Club de Golf a cal segun teño entendido e unha empresa con animo lucrativo ¿ e ó club de futbol de Ó Val , canto lle diron ? .
    Xagora .