O Esteo foise de vacío ante o Sala Ourense

O Esteo en pretemporada – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Derrota do O Esteo, que caeu goleado 6-2 a domicilio polo ascendido Sala Ourense, que aínda non sumara ningún punto.

Pese a adiantarse os locais ó pouco do inicio, pronto empataba Héctor, pero outro tanto dos ourensáns facía que ó descanso se chegase co tanteo de 2-1.

Mediada a segunda metade os dos Remedios anotaban dous tantos e poñían un complicado 4-1 no electrónico, e pese a recurtar distancias Héctor, dous tantos de David nos derradeiros instantes situaban o 6-2 definitivo.

Mal comezo dos ponteses que son décimo terceiros con tres puntos, e a súa única vitoria chegou con unha remontada in extremis tras ir 4-2 preto do final ante o ascendido Puertas Deyma.

Só teñen a tres equipos por detrás e na vindeira xornada no derbi reciben ó Cidade de Narón, que é oitavo con 6 puntos.

SALA OURENSE: Toki, Raúl, Alli, Adrián, Arturo – cinco inicial – Edgar, David, Martín, Tizón, Igor, Daniel, Guede.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Rober, Bruno, Dani, Troncho.

ÁRBITROS: Castro Nantes, Sierra Márquez, Bermúdez Abal. Amarelas a Arturo, Martín, Héctor, Rober.

GOLES: 1-0, Arturo (5´), 1-1, Héctor (6´), 2-1, Adrián (10´). 3-1, Adrián (30´), 4-1, Arturo (32´), 4-2, Héctor (35´). 5-2, David (38´), 6-2, David (40´).

INCIDENCIAS: Pavillón dos Remedios. Uns 150 espectadores.

Lea también

El Natación Ferrol logra el Campeonato gallego alevín en Mos

El fin de semana se celebró en la Piscina Municipal As Pozas, en Mos, el …