De igrexas abandonadas e romarías esquecidas

Outro fin de semana no que, por obrigada costume, os compañeiros da A.C. Ferrolterra Antiga saímos, coma se dunha moura ou da mesma Santa Compaña se tratase, a percorrer correidoras e visitar algún dos moitos bens patrimoniais da nosa comarca. Desexado contrapunto da rutina semanal! Quén sabe, pode que hoxe toque castro ou fortaleza medieval. Se ben, o certo é que estas saídas sonche máis que simples paseos recreativos, pois sérvennos para conectar máis có patrimonio e o territorio. Así pois, convértese este nun exercicio de apredizaxe, que logo ten a súa resonancia nas actividades e propostas que lanzamos dende a asociación. 

Nunha das nosas saídas achegármonos ata a Capela da Virxe da O (Pedroso), coincidindo a nosa visita cos actos de conmemoración desta Virxe. Fora do santuario un único posto rexentado por uns velliños recibe cos seus protocolarios roscos ás persoas que se achegan a capela. Esta ten a porta aberta e nela se agolpan aqueles que quedaron sen sitio. Coma a capela está chea, cousa tampouco moi difícil dada as pequenas proporcións da mesma, continuamos o noso camiño na procura dunha vivenda tradicional e dun muíño dos que temos coñecemento.

Trás ver todo isto, e có o inesperado extra dun vello camiño que transcorre entre árbores e lindes de manpostos, ata morrer nunha, tamén, vella casa de pedra, trás isto, dirixímonos cara o local da A.C. Pomba, co pretexto de facer un descanso e tomar algo, pero coa intención de recadar certa información.

Xa no local preguntamos a persoa que atende na cafetería pola romaría da Virxe da O. Infórmanos de que xa non se fai a romaría dende o mosteiro de Xubia, se ben dende a veciña Lamas(San Sadurniño) aínda se achegan a pé algúns veciños. Con todo, con certa retranca, convídanos a facer a peregrinaxe dende o mosteiro.

Resulta unha sorpresa que esta romaría, recentemente recuperada (no ano 2013) teña caído tan pronto e de novo no esquecemento. Aínda lle preguntamos pola revista que se viña editando por mor da romaría, ao que nos contesta, con certa pesadume, que xa non se publica dende vai dous anos, porque era a revista das festas e xa non hai festa. Tras esta revelación dámoslle as grazas e despedímonos.

Continuamos agora rumbo cara a parroquia de Doso, previa parada no muíño do Chao de Pedroso. En Doso queremos ver a igrexa parroquial, a vella non a nova, aínda que a esta tamén nos achegamos. Tras ficar en desuso, o deterioro da antiga igrexa foi avanzando, na actualidade está invadida pola vexetación e ten perdido toda a cuberta, agás no campanario, o cal, como o arco da cabeceira, ameaza con derrubase. Neste estado é no que se atopa esta igrexa do s.XVIII.

Decadentes romarías e igrexas abandonadas, cada unha baixo as súas propias circunstancias, pero en ámbolos dous casos un aviso da necesidade de reformular o seu lugar no ámbito dunhas sociedades que evoluiron en moitos aspectos, e que mesmo agora están a evoluír.

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …