Este sábado, Festa infantil no Parque de Freixeiro, en Narón

O parque do Río Freixeiro acollerá este sábado, día 8, a quinta edición da Gran Festa Infantil Cidade de Narón organizada polo Concello, noParque de Freixeiro. A concelleira de Festas, Mar Gómez, deu a coñecer na mañá deste mércores a programación do evento, que terá lugar en horario de mañá e tarde, de 12.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 20.00 horas. “Trátase dunha proposta de ocio coa que como viñemos facendo nos últimos anos, despedimos a tempada estival coas nenas e nenos, cunha gran festa previa ao inicio do novo curso e na que tamén haberá xogos nos que poderán participar os maiores”, destacou a concelleira.

Un futbolín humán, unha zona para aventureiros, con tirolina de 85 metros de longo e un rocódromo de seis de altura, inchables –un deles motorizado, dous acuáticos e un deslizador acuático xigante de cincuenta metros de altura- forman parte das propostas para esta Gran Festa Infantil. Un obradoiro de pintacaras, unha xincana acuática, espectáculos de maxia e un circuíto de karts completan a oferta para este evento, “pensado para o público familiar e infantil e que ano tras ano se consolida cun gran éxito de acollida entre a cidadanía”, tal e como asegurou Gómez.

Entre as 12.00 e as 14.00 horas haberá unha xincana familiar pasada por auga, na que participará o Bombeiro traizoeiro. Pola tarde, a partir das 17.00 será o turno do mago Martín Varela, cun divertido espectáculo de ilusionismo do que poderán desfrutar tódolos asistentes e ao que seguirán a partir das 18.00 horas unhas batallas campais acuáticas e, desde as 19.00 horas a esperada Festa da Espuma de cores.

Ano tras ano incrementamos a oferta de actividades nesta festa, á que animamos a acudir tanto ás veciñas e veciños de Narón como a aqueles doutros concellos que queiran desfrutar dun día de diversión nun dos espazos verdes da nosa cidade”, apuntou.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …