Terra Galega denuncia as falsedades verquidas polo edil de ENE sobre o proxecto da senda peonil e ciclista no Val

Asamblea afectados con el portavoz de ENE

O secretario xeral de Terra Galega e portavoz municipal da formación en Narón, Guillermo Sánchez Fojo, denunciou as falsedades difundidas recentemente polo portavoz de ENE trala última visita de técnicos da Xunta ao Val con motivo do proxecto da senda peonil e ciclista que a administración autonómica proxecta na citada parroquia. “Unha vez máis temos que desmentir cada unha das afirmacións sobre esta intervención realizadas polo representante de ENE, nas que minte intencionadamente acusando ao equipo de goberno en xeral e a un concelleiro en particular duns feitos que nunca sucederon”, denunciou.

Sánchez Fojo defendeu a postura do goberno local sobre este procedemento, “tratando en todo momento de que a Xunta restablecera o diálogo cos veciños e veciñas afectados para tratar de evitar a perda dun investimento que ronda os 800.000 euros”. O portavoz de TEGA en Narón aclarou que “o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, non enganou ás veciñas e veciños afectados polo proxecto e en ningún momento dixo que non eran necesarias unhas expropiacións para realizar estes traballos, e moito menos chamou á Garda Civil no momento en que o persoal técnico da Xunta estaba marcando o trazado, senón que unha patrulla, tal e como se pode constatar, pasaba pola zona naquel preciso momento e parou”.

Representantes do equipo de goberno de Narón visitaron ata en tres ocasións aos particulares afectados por esta intervención. Nun primeiro momento vivenda por vivenda para recoller as inquedanzas dos afectados e afectadas co fin de trasladarllas á Xunta nunha reunión, posteriormente para marcar o trazado vendo a viabilidade de acometer algunhas variacións sobre o proxecto inicial e, por teceira ocasión cos técnicos da administración autonómica, analizando a situación sobre o terreo xunto coa veciñanza afectada.

“O portavoz de ENE continúa a practicar unha política destrutiva que trata de vender como positiva a un colectivo veciñal, unha política centrada nunhas medidas de presión contra un equipo de goberno que trata de achegar posturas entre as partes e na que rexeita de pleno publicamente calquera intento de diálogo por parte da administración, o que xa di moito do seu labor no Concello”, denunciou.

O portavoz de TEGA en Narón incidiu no feito de que “é precisamente a través do diálogo como consideramos que se teñen que achegar posturas para tratar de buscar unha solución satisfactoria entre as partes, neste caso a Xunta de Galicia e os veciños e veciñas con propiedades na zona pola que discorre o proxecto da senda, e non a base de falsas acusacións nin de engañar á cidadanía”.

 

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …

Un comentario

  1. Guillermo Sánchez Fojo! No se entera usted de nada! Y su lealtad institucional nunca está con sus vecinos ok! marche para casa y deje de jodernos la vida.