Narón abre o prazo de solicitude de bonificación das taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable

O Concello abrirá do 1 de setembro e ata o vindeiro día 20  o prazo para solicitar a bonificación das taxas da recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o vindeiro ano. As solicitudes poden tramitarse a través do Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas e tamén no Servizo Sociocomunitario Municipal –primeiro andar do Concello-.

As persoas que teñen actualmente concedida a bonificación das citadas taxas para este ano non é preciso que as volvan a solicitar no caso de que se manteñan as circunstancias nas que se concederon. Se esas circunstancias variaron ou se os solicitantes teñen concedido o 50% da bonificación e cumpren os requisitos esixidos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo no Rexistro do Concello ou no Servizo Sociocomunitario municip

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …