Tres clasificados e cuartos por clubs: balance do Triatlón Ferrol en Lugo

Pablo Pedrosa e Edu Saavedra na proba – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol logrou un cuarto posto por clubs no Tríatlon do Miño e clasificou a Pablo Pedrosa, Edu Saavedra e Juan Rejas para o campionato galego.

Os dous canteiráns da Escola Javi Gómez Noya, Pedrosa -15º- e Rejas –campión junior e 19º-, e o local Saavedra -16º- xogaron entre os mellores clubs e foron o primeiro equipo sen internacionais na clasificación.

Por detrás finalizaron Jose Ferraces –campión en veteranos 2 e 43º-, Pablo Sanjurjo -45º-, Gonzalo Jiménez -51º, Luis Rilo -52º-, Juanchi Orozco -61º-, Álvaro García -62º-, Manu Pita -78º- e Ricardo Fernández -80º-.

Na popular, Alejandro Rodríguez foi subcampión absoluto e campión infantil e a mellor ferrolá foi Sabela Caneiro, sexta.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …