O Ecce Homo en Borja, San Jorge en Estella ….tamén a Virxe de Chamorro en Ferrol

 

Juan J. Burgoa

O Ecce Homo de Borja é una pequena pintura mural do santuario da Misericordia da localidade de Borja, na provincia de Zaragoza, tratándose dunha obra datada a comezos do século XX. A pintura cobrou notoriedade no mes de agosto de 1912 cando foi “restaurada” por una persoa sen os axeitados coñecementos, converténdose curiosamente nun icono popular de obrigada visita polos a polos turistas.

San Jorge de Estella é una talla policromada que se atopa nunha capela pertencente á igrexa parroquial de San Miguel de Estella, provincia de Navarra, unha obra que está datada a principios do século XVI. Nn mes de xuño de 2018 esta escultura foi obxecto doutra pouco axeitada “restauración” por unha nova persoa que non tiña a debida cualificación para ese traballo.

No que atinxe a Ferrol é de grande interese a imaxe da Virxe de Chamorro que preside o retablo do santuario do seu nome. Considérase unha obra románica, orixinal da segunda metade do século XII, representando unha Virxe sedente, co Neno sentado nos xeonllos da súa Nai. A escultura románica amosa certa tosquedade, coa parte superior da testa de forma plana, como se no seu día tivera una coroa de madeira.

Hoxe en día a Virxe aparece colocada no retablo principal do santuario, malamente cuberta, que non ben vestida, por unha ampulosa túnica, imitando a unha imaxe que estivera de pé. A Virxe leva unha rechamante coroa metálica de época barroca, colocada sobre a ampla e antiestética perruca da súa cabeza.

A cabeciña do Neno as penas asoma entre a túnica da Nai, mentres a imaxe da Virxe está colocada sobre una peaña barroca de varios anxiños colocados a modo de atlantes. En resumo, un horrible disfrace para unha imaxe de época románica.

Pola contra, ao visitar Cataluña, podemos ver o ben coidada e respectada que se atopa a imaxe da Virxe do santuario de Montserrat, a Patroa da Comunidade Autónoma. A popular Moreneta, outra Virxe sedente con Neno, é unha notable obra de época románica, como a nosa Virxe do Nordés.

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …