Presentado en Narón o calendario gastronómico para impulsar o «menú ártabro»

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o concelleiro de Promoción Esoconómica, Pablo Villamar, e o médico e coordinador externo do programa 100.000 Motivos de Peso, Carlos Piñeiro, presentaron na mañá deste venres o calendario gastronómico deseñado para impulsar o Menú Ártabro entre a cidadanía.

A alcaldesa explicou que se trata “dun paso máis neste programa no que queremos continuar avanzando”.Temos constancia de que distintos hostaleiros de Narón se van a sumar a esta iniciativa, polo que aproveito a ocasión para agradecer a súa colaboración, non só neste Menú Ártabro, senón tamén noutras iniciativas que impulsamos a través do Concello”, asegurou Ferreiro.

A continuación, o edil de Promoción Económica, explicou que todos os hostaleiros que o desexen dispoñen de prazo ata o vindeiro venres, día 22, para apuntarse a esta iniciativa dirixida ao sector –a través do número de teléfono 607 082 232- que consta de dúas partes. A primeira delas, indicou Villamar, será o día 26, e consistirá nun obradoiro donde se explicará en que consiste o Menú Ártabro, que os participantes poderán ofrecer nos seus establecementos. Trátase dun menú saudable que se integrará no programa 100.000 Motivos de Peso.

Haberá tamén actividades abertas á participación da cidadanía en xeral, a primeira semana de xullo, que consistirán nun obradoiro cunha explicación deste Menú Ártabro prevista no Auditorio municipal, con técnicos dietéticos e no que tamén intervirá Carlos Piñeiro, para explicar o obxectivo desta iniciativa e, a maiores, un obradoiro cun cociñeiro ou cociñeira que realizará unha demostración en vivo de elaboración de determinados menús. “Todo isto se publicitará a través dunha publicación que editaremos con menús saudables”, avanzou o edil naronés, que explicou que este calendario gastronómico aposta ademais por “fomentar o consumo de produtos de cercanía, como o pemento do Couto, o Tomate negro, produtos da ría… que encaixan perfectamente neste programa”. 

Na súa intervención, Carlos Piñeiro felicitou ao Concello de Narón “polo seu apoio e por iniciar este proceso, que vén definir un pouco o proxecto de tipo alimentario que imos facer e reflicte o concepto da cociña atlántica”. Sobre o mesmo, Piñeiro destacou que a dieta ártabra “é a dieta atlántica da Costa Ártabra, desde Ares ata Ortegal” e explicou que este proxecto “está vinculado á nosa cultura e historia e ten tamén un apartado pedagóxico na sociedade”. “É un proxecto multisectorial, pensado para que toda a poboación colabore”, destacou Piñeiro.

O programa 100.000 Motivos de Peso obtivo recentemente o Premio Europeo da Obesidade 2018 na categoría de Mellor Programa de Participación Pública, que recolleu o médico Carlos Piñeiro en Viena. Resultou elixido entre os proxectos presentados por corenta e dous países e o xurado valorou fundamentalmente tres aspectos da iniciativa naronesa: a súa loita contra a obesidade, a prevención de enfermidades derivadas da obesidade e a solidariedade.

Preto de 4.000 veciños e veciñas de Narón están inscritos xa neste programa, co que se pretende que cada participante reduza o seu peso nun 10% nun período de dous anos, para doar en alimentos non perecedoiros a mesma cantidade de peso perdida ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Lea también

El Racing de Ferrol se enfrenta al Real Oviedo en el Carlos Tartiere

El Racing de Ferrol no estará solo en su visita al Carlos Tartiere. Más de trescientos aficionados verdiblancos han confirmado …