Publicadas as listaxes de nenas e nenos admitidos nas tres escolas infantís municipais de Narón

E I de A Gándara

A concelleira de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, informou de que as persoas que solicitaron praza nalgunha das tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- para os seus fillos e fillas de entre 0 e 3 anos poden consultar os listados de admitidos no Concello –no horario de apertura habitual- ou a través da páxina web, na dirección: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/.

En total rexistráronse 81 solicitudes para menores nados no ano 2016 nos tres centros; sumaron 85 as dos nados o pasado ano e 34 para as nenas e nenos nados a partir do pasado mes de xaneiro. Desde as direccións das tres escolas infantís do Concello estase a informar tamén ás familias, tal e como indicou Taibo, que explicou a maiores que “as matrículas definitivas formalízanse nos vindeiros meses de verán, antes do inicio do novo curso 2018/2019, polo que nalgúns casos aínda pode haber variacións con respecto ás listaxes publicadas, ao solicitar nalgúns casos os pais e nais a admisión noutras escolas infantís de Narón ou doutros concellos da zona”.

As escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros abren as súas portas en horario de 7.30 a 20.00, rexistrándose unha demanda considerablemente superior no caso das quendas de mañá e, dos tres centros, no da Gándara, según recordou a concelleira de Ensino.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …