Gráficas naronesas. Mural en Piñeiros, Celíacos e Desbroces.

UN MURAL NO COLEXIO DE PIÑEIROS

Os douscentos alumnos e alumnas do colexio de Piñeiros remataron un mural no exterior do inmoble da Anpa do centro, As Aceas, –a escasos metros do centro escolar- deseñado polo artista naronés Leandro Lamas. Esta iniciativa enmárcase no programa municipal Arte na Escola, tal e como aputou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e desenvolveuse en colaboración tanto co propio centro educativo como coa Anpa, aos que a edil agradeceu a súa colaboración.
O mural unha escola da que saen nenas e nenos con ás, voando, e libros.
Pola súa parte, a concelleira de Ensino recordou que esta actividade tamén se enmarcou no programa conmemorativo do Día das Letras Galegas, celebrado o pasado día 17, a través da proposta municipal de Apoio educativo aos centros.

DÍA NACIONAL DO CILIACO

O Concello de Narón colabora un ano máis coa Asociación de Celíacos de Galicia para ofrecer á cidadanía información sobre esta enfermidade. No marco desta labor de difusión e concienciación colocouse unha bandeira no interior do Consistorio con motivo da conmemoración do Día Nacional do Celíaco, que será o vindeiro domingo, día 27. Así o indicou o concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, que subliñou a importancia de colaborar neste tipo de iniciativas “para axudar tanto ás persoas afectadas por esta enfermidade como ás súas familias”.

TAREFAS DE DESBROCE

As tarefas de desbroce de maleza na zona rural intensificaranse durante dous meses tras acordar o Concello e a empresa Urbaser –concesionaria da limpeza viaria no municipio- a ampliación do horario de traballo dos dous tractores con desbrozadora. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que desde dóblanse os turnos, coa habitual xornada de mañá e agora tamén desbrozando durante catro horas polas tardes, de luns a venres, e os sábados pola mañá. “Con esta medida reforzamos un ano máis as tarefas de limpeza da maleza, para que os viais da zona rural estean nas mellores condicións de limpeza posibles e tamén as parcelas municipais, dando cumprimento á normativa vixente na materia e previndo posibles incendios forestais ou a súa propagación”, asegurou Santalla.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …