Satisfacción do BNG tras a reunión sobre os orzamentos

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol tras a reunión mantida no día de hoxe co Partido Socialista e Ferrol en Común manifesta a súa satisfacción polo acordo acadado no que se retoma integramente a proposta formulada polo BNG o pasado luns na comisión informativa de facenda e en concreto a eliminación da partida económica destinada ao pago dos importes vinculados ao pago, correspondente ao ano 2018, das obras que desenvolveu o Ministerio de Fomento a través da empresa ACUAES na marxe dereita da ría de Ferrol «e que se lle queren imputar aos ferroláns a pesar de estar declaradas de interese xeral«.

Ademais disto mantense a proposta de 1 millón de euros para a pasarela de Santa Mariña, que nen outras propostas intentábase reducir. O acordo e a proposta do BNG baseabase na necesidade de incrementato o gasto de investimentos na cidade e se centra en:

– Eliminación da consideración como créditos ampliables na base 13ª das bases de execución do orzamento 2018 do diñeiro destinado a EMAFESA e que impediria que por parte do goberno, e por parte do alcalde se puidera incrementar o diñeiro que se destinase a EMAFESA polos gastos de depuración.

– Incorporación do superávit non financieiro do orzamento 2018 como créditos destinados ao financiamento de investimentos o que implica 1,99 millóns de euros máis.

– Incorporación ao anexo de investimentos dos acordos adoptados por unanimidade polo pleno municipal como a pasarela de Santa Mariña, o mercado de Caranza, a pista polideportiva de Mandiá ou a rehabilitación de Recimil.

– Así mesmo, non pagar as obras de depuración que debería asumir o estado.

Lea también

Rey Varela califica de “semana extraordinaria” la repercusión por la visita del Juan Sebastián Elcano

Una vez que el buque escuela Juan Sebastián Elcano dejó las aguas ferrolanas en la …

Un comentario

  1. Jorge Suárez aceptará todo lo que propone BNG y PSOE o se quedará nuevamente con los presupuestos prorrogados.