Marcos Ruiz, cuarto da xeral e gañador sub-23 en Nigrán polo Triatlón Ferrol

Pablo Pedrosa, Marcos Ruíz no podio de Nigrán – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol sumou dúas medallas no Desafío Illas Estelas de Nigrán co ouro e a prata sub-23 de Marcos Ruiz e Pablo Pedrosa.

O fenés Marcos Ruiz volvía competir despois de semanas lesionado que o limitaban en bici e na carreira. O seu bo adestramento en natación notouse ao saír da praia de Panxón entre os tres primeiros.

Rodou no pelotón perseguidor de bici ata chegar á segunda transición e aí xogarse nos 5 km finais a pé os postos de honra. Finalmente o canteirán da Escola Javi Gómez Noya finalizou en cuarto lugar, coas medallas lonxe pero co billete conseguido para o campionato galego de tríatlon que en agosto se celebrará en Ferrol.

Faltáronlle 20 segundos a Pablo Pedrosa para conseguir a praza para o campionato galego ao rematar nunha meritoria 19ª posición, polo que é probable que consiga en próximos clasificatorios.

Co tempo de Borja Catrufo -61º-, o Triatlón Ferrol colocouse oitavo na clasificación por clubs.

Lea también

Club Arco Narón anuncia un cambio de monitor

Club Arco Narón comunica «nuestro compañero Eduardo Ponce cesa en sus funciones de monitor auxiliar …