Miriam Casillas ten que retirarse na Copa do Mundo de Chengdu por caída

Miriam Casillas en Chengdu – Triatlón Ferrol

Miriam Casillas non puido rematar a final da Copa do Mundo de Chengdu ao sufrir unha caída no ciclismo que a puido deixar inconsciente porque non lembra como ocorreu.

A internacional do Triatlón Ferrol lamentou a oportunidade perdida porque xusto se foi ao chan na primeira volta de ciclismo, cando estaba dando caza ao pelotón perseguidor que podería coller ás dúas escapadas de cabeza.

Despois do susto, a triatleta de Badaxoz pode celebrar que o golpe non foi grave e que poderá seguir adestrando para próximas citas internacionais.

Lea también

June Moreno y Mario Tenreiro Oro y Bronce en el Campeonato de España Universitario

June Moreno Campo se proclamó, el pasado sábado, campeona de España Universitaria tras una brillante …