A tradición pictórica de Ferrol deriva do notable nivel profesional dos pintores e delineantes que traballaron no século XVIII no Arsenal militar, incluíndo a Escola de Guardiamarinas. Esta tradición foi continuada pola Escola de Artes e Oficios, primeira da súa clase en Galicia, onde, desde finais do século XIX, se formaron xeracións de pintores, debuxantes e artistas ferroláns, mesmo creando o que de xeito discutible se chamou Escola Ferrolá de Pintura
Ferrol, cabeceira dunha ampla comarca, non dispón dun Museo da Cidade como teñen localidades de menor entidade, para dar a coñecer o Patrimonio Cultural dunha urbe con historia de seu, vila de foros medievais, señorío da Casa de Andrade, vila de reguengo o século XVIII e urbe ilustrada con título de cidade desde e ano 1858.
Ferrol dispón dun Centro Cultural Municipal, un amplo edificio dezaoitesco, antigo Hospital de Caridade, cuxas salas nobres, ben acondicionadas, poderíanse utilizar para expor de xeito permanente as pinturas e gravados propiedade del Concello. Alguén ten que explicar o alcance dos problemas de humidade que afectan ao Centro Cultural e as súas posibles solucións.
O Concello posúe ademais un amplo número de obras pictóricas, de variable calidade e interese, algunhas doadas, de coñecidos artistas locais ou afincados en Ferrol: desde Pérez Villaamil e Álvarez de Sotomayor hasta Imeldo Corral e Bello Piñeiro, entre outros. Estamos a falar de varios centenares de obras, moitas delas almacenadas de calquera forma e outras simplemente colgadas nas escaleiras do Concello ou en salas pechadas ao público, cando o Concello tan só debe mostrar obras institucionais e retratos de persoeiros importantes.
A todo iso cumpre agregar os centenares de obras procedentes do Premio de Gravado Máximo Ramos, que se ven a celebrar desde el año 1984. É deprimente que despois de corenta anos de Concellos democráticos non se dispoña dun catálogo ou inventario dos fondos artísticos municipais, que dea a coñecer de forma axeitada estas obras.
Mentres tanto, unha institución privada ferrolá, o Santo Hospital de Caridade, dispón dunha notable pinacoteca, a mellor da cidade no seu xénero, case cen obras, maiormente retratos e obras de temática relixiosa, da que se fixo un completo catálogo o ano 1995, por mor da súa exposición no Centro Cultural Municipal.
No que atinxe ás sociedades e asociacións da cidade, o Casino Ferrolano ten inventariada unha interesante colección de máis de trescentos cadros de autores locais e foráneos, procedentes das exposicións que levou a cabo. A Sociedad Artística Ferrolana, polo traballo artístico de seu e as numerosas exposicións que fai, ten unha importante pinacoteca de obras de recoñecidos artistas. Outras dos entidades ferrolás, o Ateneo Ferrolán e o Real Coro Toxos e Froles, posúen tamén numerosas obras, descoñecendo se están catalogadas.
Nesta relación circunstanciada cumpre incluír á Armada, propietaria dunha interesante colección pictórica de máis de trescentas obras colgadas no Museo Naval e outras dependencias, recollidas nunha una publicación do ano 1984. Trátase dun inventario bastante incompleto, por mor de non incluír diversas obras desperdigadas pola antiga Capitanía General, residencia do Almirante, edificio de Intendencia, instalacións do Montón e da Cortina, e outras.
Ferrol foi o berce de recoñecidos pintores, sendo unha cidade que de sempre tivo activas asociacións culturais, galerías de pintura e numerosos coleccionistas de arte, dispoñendo de obras de gran interese. O Foro de Amigos de Ferrol novamente reclama para Ferrol ese necesario e demandado Museo da Cidade, no que as coleccións de pintura, gravado e debuxo representarían unha parte importante dos seus fundos.
Seguramente es posible hacer un museo de la ciudad, que mejoraría sensiblemente si se financiara una escuela municipal de arte y más aún si se convocara un premio periódico de arte que tuviera una dotación económica lo suficientemente atractiva como para atraer a artistas no sólo de la comarca sino también nacionales e internacionales, al modo del Concurso de Piano Ciudad de Ferrol.
Para mí un hipotético traslado de las oficinas de Correos a la actual parcela del Sánchez Aguilera liberaría el inmueble idóneo para albergar dicha exposición, y por su proximidad al Jofre, a EXPONAV, al Museo Naval y a la sede ferrolana de Afundación convertiría la Plaza de Galicia en el epicentro de la cultura ferrolana.
Muy buen articulo, apoyo totalmente la creación de un Museo Municipal.