Para o Bloque Nacionalisa Galego de Ferrol o debate producido no día de onte, a respecto das propostas do BNG para revitalizar o centro da cidade e a xestión dos baixos baleiros que existen neste concello, puxo de relevo dúas cuestións por «unha parte a visión excluinte do PP e por outra as contradiccións de Ferrol en Común e o PSOE«.
Para o BNG este debate «evidenciou a visión decimonónica e prehistórica do Partido Popular que o único que promove son bonificacións xenéricas e de maneira indiscriminada sen ter en conta si os baixos estan ocupados ou desocupados. Beneficios fiscais a grandes empresas, que son aquelas que teñen a obriga de pagar o IAE, e unha oposición absolutamente irracional ao progreso, negando o que está asumido por todo o corpo de profesionais que desenvolven a súa actividade no ámbito do urbanismo que ten como obxectivo a peonalización dos centros históricos, oposición que se fai co único obxectivo de beneficiar aos que máis teñen en perxuizo dos que estan en peores condicións sociais e economicas«.
Así mesmo para o BNG ficaron claras as «evidentes contradiccións internas entre Ferrol en Común e o PSOE, un Partido Socialista que se negou a penalizar a especulación do 10% dos baixos con maior valor catastral e desocupados que existen nesta cidade mediante o incremento do Imposto de Bens Inmobles pero que vota a favor de bonificacións xenéricas que so terían sentido de terse aplicado a primeira premisa, a penalización sobre aqueles locais que estean desocupados e que supón desenvolver bonificacións inidscriminadas como as do PP. E as contradiccións de Ferrol en Común que se negou a limitar a construcción de novas grandes superficies comerciais, en concreto a do Sánchez Aguilera, mentras afirma ou afirmaba que o convenio co Ministerio de Defensa que o sustenta é especulativo, xustamente, por este motivo é que agora se evidencia que este goberno non lle quere poñer freo a pesar das súas afirmacións no pasado«. Por estes motivos desde o BNG afirman que «con este tipo de posicionamentos contradictorios, tíbios e que no fondo teñen unha fonda carga demagóxica é dificil facer fronte a un adversario irracional e indolente como o Partido Popular e crean serías dúbidas de que tanto FeC como PSOE poidan propoñer algo diferente ao PP«.
ESO. No les rebajemos el IBI a los ferrolanos. Que las grandes empresas ni se acerquen a Ferrol, que no queremos sus puestos de trabajo. Al que deje un piso o local vacío lo vamos a multar por especulador, sobre todo si lo dejo por irse a vivir y a buscar trabajo a donde lo había, aquí no. Echémosle la culpa a los demás de lo mal que lo hacemos. Los ricos, si quedan algunos, que se vayan a Marbella que aquí todos queremos ser pobres. A los ciudadanos que creen empresas y puestos de trabajo los vamos a coser a impuestos por explotadores , mira que ocurrirseles pagar a la gente por trabajar. Señores del BNG fíchenme, que como ven, SOY UN FIGURA.
xa se ve que mal o fan en Pontevedra donde non hai centros comerciais
Copia a los señalamientos de la Alemania del Tercer Reich.Una campaña lamentable.