Melina Alonso e Iván Puentes, medallistas no Dúatlon Cidade de Lugo

Melina Alonso na competición – Triatlón Ferrol

Melina Alonso repetiu triunfo no Dúatlon Cidade de Lugo deste domingo no que Iván Puentes foi terceiro da xeral e contribuíu á prata por clubs que logrou o Triatlón Ferrol masculino.

Desde o primeiro segmento, Melina Alonso comezou a marcar distancias coas súas perseguidoras e completou en solitario toda a proba, chegando á meta con dous minutos de vantaxe sobre a segunda. En cuarto lugar, no seu debut, a especialista en ciclismo Tere Barreira, subcampioa en veteranas.

Pola súa banda, Iván Puentes deu unha exhibición sendo o mellor canteirán da proba e pelexando pola segunda praza ata o final. A promesa da Escola Javi Gómez Noya rematou terceiro da xeral e colgouse o ouro en junior. Con el, máis os tempos de Juan Rejas -8º da xeral e prata en junior e David García -19º e subcampión veterano, o Triatlón Ferrol logrou o subcampionato la clasificación por clubs.

Foi de destacar tamén a actuación de Roberto Martínez -38º- e os seus compañeiros que chegaron xusto por detrás del, Yago Suárez, David Arias e Miguel Benavent. Non entraron entre os 22 primeiros que lograban a praza para o campionato galego pero demostraron que teñen posibilidades de conseguila en próximos clasificatorios.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …