Valdoviño abre o prazo de inscrición no Festival de Comparsas

A Concellería de Cultura de Valdoviño abrirá o próximo luns, 5 de febreiro, o prazo de inscrición no XVIII Festival de Comparsas, que terá lugar o sábado 17 de febreiro. Para formalizala deben presentar a documentación requerida na Casa da Cultura antes do día 15. O horario de atención é de luns a venres de 10 a 14 horas e o martes 6 tamén de 15 a 17 h. Ademais, o martes 13 o centro permanecerá cerrado ó ser festivo local.

O Festival de Comparsas repartirá 3.300 euros en axudas á participación -300 euros máximo por comparsa, 150 nun vale para a mellor e outros 150 en tres vales de 50 canxeables no comercio local para os mellores disfraces individuais-. Haberá tres categorías: comparsas adultos, comparsas infantís e outros. Nesta última categoría entran os disfrazados a título individual, as parellas de disfraces e grupos de ata cinco persoas. A título de disfrace individual non se admitirán menores. Porén, estes si poderán formar parte de parellas ou grupos sempre e cando o número de adultos sexa como mínimo do 50%. A parella ou grupo deberá de manter unha uniformidade de criterio na súa indumentaria.

O festival arrancará ás 17,30 h cun pasarrúas entre a casa consistorial e a Casa da Cultura. Neste último espazo habilitarase unha carpa para acoller o festival propiamente dito, que estará conducido polo cómico galego Pedro Brandariz. Cada comparsa interpretará ante o público un máximo de dúas cancións ou parodias ou ben, unha parodia e unha canción. Así mesmo, polo menos unha delas terá que estar escrita e interpretada en linga galega e unha delas xirar en torno a Valdoviño.

O xurado estará integrado por un representante de cada unha das comparsas, que poderá votar a todas menos a aquela que representa. En todo caso, terán en conta a orixinalidade e vistosidade do disfrace, a posta en escena, as letras das cancións ou parodias, a simpatía e a animación de rúa que realice o grupo participante.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …